lunes, 8 de junio de 2015

XX Día da Ciencia na Rúa

O pasado día 09 de maio, celebrouse no parque de Santa Margarita ( A Coruña) o XX Día da Ciencia na Rúa. Este evento, organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, reune a a máis de 40 entidades, a maioría deles centros de ensinanza da cidade de A Coruña e ten como obxectivo sacar a ciencia á rúa, presentándoa como algo sinxelo e doado de entender; é por iso que a meirande parte dos experimentos que alí se mostraron, foron realizados e explicados por alumnado de colexios e institutos.

O IES Elviña participou por cuarto ano consecutivo; nesta ocasión levamos tres dos experimentos que máis éxito tiveron en edicións anteriores: o billar elíptico, a panca para pesar persoas e varias balanzas e dinamómetros para diferenciar a masa do peso. 

Este ano do instituto fomos: Leo Alvarado, Miguel Aradas, Ana Díaz, Dámasa Eiroa, Iván Fernández, Jesús Figueroa, Rubén Guillemet, Aroha Lago, José Lema, Ismael León, Rebeca Lomba e Cynthia Rodríguez, acompañados  polos profes Pedro Aláez e Julio Cordeiro.  

Grazas a tódolos que nos axudástedes e nos visitástedes e especialmente a Carlos Silva pola gravación e montaxe do vídeo do evento.

Aquí tedes unha mostra do concurrida que estivo a nosa jaima nesta romaría da ciencia:


miércoles, 14 de mayo de 2014

Visita ao II Encontro solar da UDC

Os alumnos do IES Elviña, José Lema, Iván Fernández, Andrés Paredes e Carlos Sanjurjo asistimos hoxe pola tarde ao II Encontro solar da UDC.

Alí o profesor do CIFP de Someso, Juan Bello deunos unha explicación de como podíamos recoller a enerxía radiante do sol, e aplicala a cociñas e fornos solares.
Dende o punto de vista tecnolóxico, mostrounos como fabricar  fornos solares por 3 euros: so precisas unha caixa de cartón , un plástico transparente e papel de aluminio.
Vimos tamén na mostra, varios modelos de cociñas solares comerciais.
O diario A Opinión, recolle a información do evento. Nós deixamos aquí estas fotos:



jueves, 27 de marzo de 2014

Coruña Sostible: actividades de educación ambiental

O alumnado do 2º e 3º da ESO asistimos durante o mes de marzo a unha actividade de educación ambiental, organizada pola área de Medio Ambiente do Concello de A Coruña.
As actividades pertencen aos programas " Enerxía que move a miña cidade "  e " Residuos urbanos en A Coruña "; estes programas constan dun audiovisual, un taller e unha saída dentro do Concello de A Coruña.
Os grupos de 3º ESO participamos o 06 de marzo en " Enerxía que move a cidade": logo de ver un audiovisual sobre as diferentes fontes de enerxía, especialmente as renovables,  visitamos o antigo vertedoiro de Bens - hoxe convertido nun parque- no que se aproveita o gas da  case esgotada fermentación do lixo para queimalo e obter electricidade.


 
Os de 2º de ESO, tivemos un taller e un audiovisual, no que se nos fixo saber a importancia de clasificar os diferentes residuos que xeramos no fogar, acertando co contedor ou o lugar onde os debemos depositar. Seguimos a cadea do proceso de separación e tratamento do lixo nos concellos de A Coruña e área metropolitana, visitando a planta de tratamento de Nostián o pasado 19 de marzo.

Grazas aos nosos monitores: Alba, Damián e Manuel pola súa paciencia.
 
Fagamos de Coruña un lugar sostible!!!!  


lunes, 24 de junio de 2013

Para os que teñen que presentarse en setembro...

O alumnado da materia de Tecnoloxía que non acade os obxectivos mínimos en xuño, deberá realizar en setembro un exame final con cuestións sobre tódolos bloques temáticos abordados durante o curso.
Ademais e de maneira VOLUNTARIA, poderá resolver e entregar unhas fichas con actividades propostas polo Departamento. De facer esta entrega, a nota final de setembro calcularase como a suma ponderada do exame (70% da nota final) e as fichas voluntarias (30% da nota final). De non entregarse as fichas voluntarias só se terá en conta a nota do exame.
Tanto as fichas como o exame serán avaliadas sobre10 puntos.
Se a nota do exame é inferior a 4 puntos, a cualificación da avaliación extraordinaria será como máximo de 4 puntos con independencia da entrega das fichas.
A non presentación ao exame implica que o alumno/a figurará na acta de setembro con NON PRESENTADO, con independencia da entrega de calquera outro traballo.

Se queredes entregar as fichas, podedes mercalas na fotocopiadora do IES Elviña ou descargalas de aquí:


domingo, 2 de junio de 2013

Un momento na ciencia...

O noso compañeiro Carlos Silva editou este vídeo do alumnado do IES ELviña con motivo da súa participación no " Día da Ciencia na Rúa 2013" Grazas